Avangard Omsk
Avangard Omsk Авангард Омск | |
---|---|
Fundación | 1950 |
Cidade | Omsk, Oblast de Omsk Rusia |
Estadio | Omsk Arena (10.318 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Chernyshev |
Campionatos | 0 |
Propietario(s) | Viktor Ishayev |
Adestrador | Raimo Summanen |
Afiliado(s) | Omskye Yastreby (MHL) |
Cores | Vermello, negro e branco |
Na rede | |
http://hawk.ru/ | |
O Avangard Omsk (en ruso: Авангард Омск) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Omsk (Rusia). Actualmente compite na División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), conseguindo dous campionatos de división nas tempadas 2011 e 2012.
Historia
[editar | editar a fonte]O Avangard Omsk naceu en 1950 baixo a denominación de Spartak Omsk, adoptando a súa denominación actual en 1981. Non foi ata o 2004 cando o equipo conseguiu o seu primeiro título, a Superliga Rusa, e tan só un ano despois chegaría o seu segundo título, desta vez un título continental, a IIHF European Champions Cup logo de derrotar na final ao Oulun Kärpät finlandés por 2 goles a 1, converténdose no primeiro equipo en gañar esta competición baixo a nova denominación. No 2008 o club ingresou na Kontinental Hockey League (KHL), unha nova competición euroasiática.
Denominacións
[editar | editar a fonte]- Spartak Omsk 1950-1962
- Aeroflot Omsk 1962-1967
- Kauchuk Omsk 1967-1972
- Khimik Omsk 1972-1974
- Shinnik Omsk 1974-1981
- Avangard Omsk Oblast 1981-presente
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Superliga Rusa: 2004
- 1 IIHF European Champions Cup: 2005
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]